Joaquín Antonio Álvarez Álvarez, “O Roque”

Era Mestre en Pazos, Barcela, pero vivía en Cabeiras, de onde era natural. Naceu o 21 de decembro de 1892, sendo os seus pais Antonio Álvarez López, que xa falecera cando el naceu, e Benita Álvarez Montero, ambos naturais de Cabeiras. Casara Joaquín Antonio con María Pérez Alonso, natural de Barcela. Quedara viúvo moi mozo debido á prematura morte da súa dona. Eran pais de dous fillos, José e María. Tiña tamén ao seu cargo á súa nai Benita, cega nos últimos anos da súa vida.

O Roque era un líder social e político pero, sobre todo, era un gran mestre, un profesional que encarnaba todos os novos valores da educación implantada de forma universal pola República. Era un apaixoado do ensino. Érao ata tal punto que deixou de lado a posibilidade de ser alcalde de Arbo nas eleccións do 1936 para continuar a ser o Roque, o MESTRE, así con maiúsculas, da escola de Pazos en Barcela.  Encontramos numerosos testemuños neste sentido,incluso gravacións de persoas que xa finaron pero que deixaron constancia da alta categoría profesional, humana e social que tiña Don Joaquín Antonio Álvarez Álvarez, O Roque.

No exercicio da seu sistemático xenocidio, o Roque formou parte da primeira quenda de detidos e asasinados polos sublevados en contra do réxime democrático instaurado, xunto cos alcaldes das principais cidades, gobernadores militares e outros persoeiros de alta tarasncendencia social.  Foi preso a finais de Xullo do 1936. Trasladado á Cañiza e despois a Vigo. Xa non volveu nunca a Cabeiras. Foi condenado a morte por un Consello de Guerra e fusilado o 26 de setembro de 1936.

Está no noso poder toda a documentación relativa ao Consello de Guerra: semella un guión de unha obra de teatro do absurdo. Como mostra, reproducimos literalmente unha das declaracións que se usan para declarar culpable de rebelión (sic) ao Roque. Trátase da declaración de Eustaquio Bayo Colás, cabo comandante do posto da Guarda Civil en Arbo, realizada o día  08/09/36:

Que desde el día 10 y siete de julio, hasta el primero de agosto, estuvo concentrado con su fuerza en la ciudad de Vigo por orden superior; y que una vez llegado a esta villa se enteró, según testimonio de muchas personas, que el día 21 de julio se había producido una manifestación en la que concurrieron todos los del Frente Popular, que llevando banderas rojas y dando vivas a Rusia, a Moscú y con el puño en alto, llegaron a la plaza del ayuntamiento, subiendo acto seguido todos los manifestantes a dicho edificio ocupando el salón de sesiones: que según esas mismas personas el Joaquín Álvarez Álvarez, que era un republicano extremista, no desde el balcón del ayuntamiento sino en el interior, decía a los allí congregados, en unión del Presidente de la Casa del Pueblo llamado José Benito Estévez, alias “Sapo”, que debían armarse todos y marchar sobre Vigo: Que debido al tiempo transcurrido no recuerda exactamente las personas a las cuales oyó lo que deja dicho, pero cree recordar entre ellos a don Modesto Vieito García, Secretario del Ayuntamiento, a Alfredo Blas Estévez, a don Luís Rivera Feijoo, a don Antonio Alonso Gil: Que a parte de lo dicho el Joaquín Álvarez Álvarez era uno de los más significados del Frente Popular que trataba de envenenar siempre todas las cuestiones, siendo en unión del Presidente de la Casa del Pueblo, de los que más presión ejercía sobre el alcalde para desviarle de su recto camino; y que es cierto que en la parroquia de Cabeiras donde él reside casi todos los vecinos era de ideas  marxistas, probándolo el hecho de que en las últimas elecciones el número de votos que tuvieron los partidos de orden en dicha parroquia fue insignificante por lo exiguo y que según impresiones que pudo recoger el declarante, era debido a las predicaciones de dicho maestro: Este argumento tiene todavía más sólida base en el hecho de que con motivo de la suscripción patriótica para el ejército, dicha parroquia según noticias que tiene el declarante ha contribuido únicamente con unas veinte pesetas, mientras que cada una de las demás ha obtenido una lúcida recaudación”.

Con este e outras testemuñas, sen haber empuñado un arma, sen haber disparado un so tiro e sen haber causado ningún dano físico a ningunha outra persoa, o día 26 de setembro de 1936, ás 3.00 a.m. é conducido ao Castelo do Castro de Vigo onde, tres horas máis tarde, ás 6.00 a.m., cando aínda era noite, un batallón de fusilamento dá morte ao Mestre Joaquín Antonio Álvarez Álvarez. Como indica o médico que asistiu e certificou a súa morte…”fue reconocido el reo, el cual presenta signos ciertos e indudables de muerte“.

A morte do Roque trouxo máis desgrazas asociadas. A súa nai Benita morreu co desgusto ao saber que o seu querido e inocente fillo fora asasinado. Coa desaparición do pai e da avoa, a tristura e a soidade encheu os corazóns de Pepe e María, os seus dous fillos cativos menores de idade que ficaron orfos e desamparados. Ocupáronse deles unha familia da súa nai, en Barcela. Pepe e María herdaron do seu pai o tesón pola aprendizaxe, a intelixencia e o compromiso social. Pepe do Roque, como era coñecido o seu fillo varón, quixo ser policía “pero non o deixaron, os mesmos que mataron ao seu pai”, segundo varias testemuñas. Deu escola particular en Arbo ata que finalmente emigrou para Venezuela. María, pola súa parte, non puido estudar como o seu irmán pero foi unha loitadora incansable para formar aos seus fillos e sen ter información regrada a súa cabeza manexaba con moita fluidez as matemáticas e o latín,  unha axuda que os seus fillos recibiron apra superar as tarefas da escola. María faleceu hai poucos anos, coa pena acendida de non comprender porqué ficou sen pai tan noviña e coa firmeza do convencemento da grandeza do seu pai e dos seus ideais.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s